lunes, 31 de mayo de 2021

O paso do tempo!

 Bo día a todos! 

Na clase de Ciencias Sociais, estamos traballando a prehistoria e a historia, e agora temos que facer un traballo sobre isto. 

Para iso, estamos a facer un Power Point. Estamos traballando moito! 








lunes, 17 de mayo de 2021

Letras Galegas 2021!


Feliz día das LETRAS GALEGAS a todos! 

Hoxe querémosvos mostrar o traballo que fixemos para o día das letras galegas. 

Tocounos leer un texto, que se titulaba “O país do “des” de diante, e por iso decidimos crear palabras novas que tiveran o “des” diante, creando uns pequenos puzzles.







Por outro lado, en plástica estivemos traballando o pop art, e pos iso decidimos facer un "Pop art" conxunto, coa cara de Xela Arias.


Aquí tedes o noso traballo, esperamos que vos guste!



Un saúdo a todos, e recordade que podedes opinar sobre o noso traballo! 


sábado, 15 de mayo de 2021

Feliz día da familia!

Bos días familias! 

Hoxe é o día das familias, e esperamos que vos gustase o pequeno detalle que levaron os nenos ás casas! 


Certo é, que tiveron que traballar rápido e ben para podelo terminar. Pero son uns artistas! 

Esperamos que pasedes un bonito día en familia! 

sábado, 24 de abril de 2021

Día do Libro!

 Boas familia!!! 

Como saberedes hoxe é  o día do libro, e na clase  fixemos algunhas actividades. 

Cómpre dicir, que levamos xa unhas semanas traballando o Quixote na aula. Aínda que todavía non poidamos ensinar o noso pequeno proxecto, fumos polas aulas entregando un  libro sobre os personaxes do quixote e os seus autores.









Por outro lado, fixemos as recomendacións do libros que nos gustan, facendo a portada de eles e o resumo. Aquí vos deixamos unha pequena mostra. Esperamos que vos guste!!









viernes, 23 de abril de 2021

Mes de Don Baltasar

 Bo día a todos! 

Levamos unhas semanas desaparecidas por aquí, pero querémosvos ensinar un pequeno traballo que fixemos sobre el na aula. 

Fixemos un mural creando a súa silueta, coas nosas fotos. Esperamos que vis guste!

Un saúdo!




lunes, 8 de marzo de 2021

Día internacional da muller

 Bo día a todos!!! 

Como ben sabedes, hoxe é o 8 de marzo, o día internaciónal da muller. Este día quere conmemorar a loita das mulleres pola igualdade dos dereitos. 

Pero, que pensan os nosos pequenos sobre este día? Aquí tedes un pequeno vídeo sobre a súa opinion. Esperamos que vos guste!

Un saúdo e non olvidedes visitar o noso blog, para ver os diferentes traballos que facemos na aula!


domingo, 28 de febrero de 2021

Día de Rosalía de Castro

 Bos días familias! 

Como xa saberedes, está semana celebramos o día de Rosalía de Castro, unha das poetisas e novelistas galegas máis importantes. 

En primeiro lugar, vimos un pequeno vídeo, o cal mostraba a súa vida dun xeito moi entretido. Tamén nomeaba a súas obras. Despois, fixemos un xogo online sobre a súa vida, e só fallamos unha pregunta! Somos uns artistas!!


Continuamos traballando, e tivemos que buscar un poema que ela escribíu e facer o noso pequeno traballo. 





Traballamos xenial! Gustounos moito esta actividade!! Aquí tedes unha pequena mostra dos nosos traballos, esperamos que vos guste!!




Para terminar, deixámosvos un pequeno vídeo de agasallo. Esperamos que o disfrutedes tanto, como nosotros disfrutamos este día. Un saúdo virtual para todos!







lunes, 15 de febrero de 2021

ENTROIDO 2021

 Ola a todos e todas os que seguides as nosas andanzas por estes lugares de "nube e internet".

Levávamos un tempo  caladiños pois, grazas a Deus, puidemos volver á "presencialidad" nas aulas e, aínda que moitas cousas cambiaron, puidemos gozar da compañía dos amigos, de facer cousas xuntos, de  sonreir, gritar, cantar, estudar, compartir, rezar....

AGORA, queremos facernos presentes neste blogue para que, cada semana,  poidades ver, ler, divertirvos e aprender co que imos construíndo, coas nosas ideas, coas nosas accións, cos nosos desexos, co noso traballo.

HOXE PROPOÑÉMOSVOS GOZAR  DO  ENTROIDO  NA  CASIÑA.... como fixemos nós na nosa "discoteca" . 

Grazas por coidar de nós; nós tamén vos coidamos.