domingo, 28 de febrero de 2021

Día de Rosalía de Castro

 Bos días familias! 

Como xa saberedes, está semana celebramos o día de Rosalía de Castro, unha das poetisas e novelistas galegas máis importantes. 

En primeiro lugar, vimos un pequeno vídeo, o cal mostraba a súa vida dun xeito moi entretido. Tamén nomeaba a súas obras. Despois, fixemos un xogo online sobre a súa vida, e só fallamos unha pregunta! Somos uns artistas!!


Continuamos traballando, e tivemos que buscar un poema que ela escribíu e facer o noso pequeno traballo. 





Traballamos xenial! Gustounos moito esta actividade!! Aquí tedes unha pequena mostra dos nosos traballos, esperamos que vos guste!!




Para terminar, deixámosvos un pequeno vídeo de agasallo. Esperamos que o disfrutedes tanto, como nosotros disfrutamos este día. Un saúdo virtual para todos!







lunes, 15 de febrero de 2021

ENTROIDO 2021

 Ola a todos e todas os que seguides as nosas andanzas por estes lugares de "nube e internet".

Levávamos un tempo  caladiños pois, grazas a Deus, puidemos volver á "presencialidad" nas aulas e, aínda que moitas cousas cambiaron, puidemos gozar da compañía dos amigos, de facer cousas xuntos, de  sonreir, gritar, cantar, estudar, compartir, rezar....

AGORA, queremos facernos presentes neste blogue para que, cada semana,  poidades ver, ler, divertirvos e aprender co que imos construíndo, coas nosas ideas, coas nosas accións, cos nosos desexos, co noso traballo.

HOXE PROPOÑÉMOSVOS GOZAR  DO  ENTROIDO  NA  CASIÑA.... como fixemos nós na nosa "discoteca" . 

Grazas por coidar de nós; nós tamén vos coidamos.