viernes, 3 de abril de 2020

MENSAXES VARIAS

Ola a tod@s!!!!

Otro  día máis gañando a   loita contra o virus e polo tanto outro día menos para poder vernos .Hoxe pola tarde,faremos a videoconferencia as 16:00 horas,para todos aqueles que vos poidades conectar.

Como xa  sabedes,hoxe saen as notas no espazo abalar para que as poidades ver cos vosos pais,lembrade que esta evaluación só se evaluou,ata o día 13 de marzo que foi cando se decretou o cese das clases.De tódolos xeitos,eu estou moi contenta dos resultados acadados,sodes un bo curso,enhoraboa!!!!!!

Ben como xa  sabedes hoxe comenzan as vacacións de semana santa e polo tanto non haberá fichas,pero si quería pedirvós que saquedes un ratiño do voso lecer para disfrutar da lectura,que tan importante é para medrar,coñocer,explorar,sorrir,imaxinar,.....cantas cousas boas nos ensinan os libros!!!!!!!
Como digo eu :enriquécenos a alma.Así que se tedes un poquiño de tempo ,invítovos a unirvos a o club da lectura que xa somos moitos.







Ademais, como xa dixen antes,hoxe comenzan as vacacións de Semana Santa,xa sei que non son como desexábamos,pero agora toca axudar,e que mellor época que esta,así que temos que seguir así de ben quedando na casa e intentar disfrutar do  día  a día.


Adxúntovos un enlace para aquel que queira facer os retos de reli para esta Semana Santa: 




AVISO:Os  que queiran que lles corrixa os exercicios (SÓ AS FICHAS DA SEMANA DO 30 AO 3)xa vos comuniquei por correo que tedes a posibilidade de mandalas polo correo do blog(terceiroatochaarzua@gmail.com)eu irei correxíndoas ou tamén podedes gardalas e entregalas cando nos incorporemos.Vós decidides!!!!!

Nada máis,aquí estou para o que necesitedes.Moito ánimo e deséxovos unha  feliz Semana Santa e non esquezades SER FELICES!!!!!!
Un bico e forte abrazo.









No hay comentarios:

Publicar un comentario